domingo, 10 de febreiro de 2013

Sensor de temperatura con NTC e Arduino

-->
A partir da nosa tarxeta Arduino e un termistor NTC de valor nominal 1KOhmio queremos realizar un sensor de temperatura.
O primeiro paso, foi buscar información sobre termistores, tanto PTC como NTC en Wikipedia e en outra páxinas do que deducimos que era mellor opción usar un NTC para o cometido que nos propoñiamos.
Despois de buscar en Internet atopei unha boa explicación de como usar un NTC como sensor de temperatura.
Para un NTC, para un marxe de temperatura de 0ºC ata 50 ºC, podemos aproximar o seu comportamento pola función:
dando lugar a unha gráfica exponencial como a seguinte:

Nesta páxina propoñen unha boa solución, calculando a resistencia da NTC para 2 valores coñecidos de temperatura. A falta dun termómetro de precisión, o máis sinxelo é utilizar os puntos de ebulición e conxelación da auga. E a partir destes datos coñecidos calcular a Beta da fórmula anterior:
Seguiremos en próximas entradas...

Ningún comentario: